^ Ir arriba
Novas do OMIX

Novas do OMIX (167)

Venres, 27 Abril 2018 10:34

Campos de traballo 2018

Convócanse os campos de traballo para mozos de 18 a 30 anos residentes en Galicia, que queiran participar como voluntarios/ as nun proxecto de dimensión social.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 700 bolsas para alumnos/ as de centros educatvos españois para a partcipación durante unha semana na recuperación e utlización educatva de pobos abandonados ( Granadilla, Búbal, Umbralejo) no período do 8 xullo ao 4 agosto. Con este programa preténdese un achegamento á vida rural dos mozos.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 2.200 axudas para participar nun programa de inmersión Lingüística en inglés, en colonias de vacacións durante dúas semanas para alumnado matriculado en 1º e 2º dá ESO.

A Deputación de Pontevedra convoca 200 bolsas de práctica laboral nos concellos da Provincia de Pontevedra e na Deputación destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral no ámbito da súa titulación académica coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Venres, 06 Abril 2018 11:56

6ª Convocatoria Bolsas Eurolingua

Eurolingua VENAIRLANDA convoca 20 bolsas con todo incluído, a excepción do billete de ida e volta para un programa de inmersión lingüística durante 2 semanas en Irlanda este verán, dirixidas a estudantes universitarios, ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.

A Consellería do Mar. Dirección xeral de desenvolvemento pesqueiro convoca os exames ordinarios teóricos e práctcos para a obtencións das ttulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náutcas na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca as probas para a obtención dos certifcados acreditativos dos niveis de lingua Galega CELGA 1.2,3 e 4 no ano 2018.

A Academia Galega de seguridade pública convoca cursos de acreditación para a formación mínima que deben reunir os /as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónomoa de Galicia e para a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Axencia para a modernización tecnolóxixa de Galicia convoca as probas para obtención da certfciación galega de competencias dixitais en ofmmtica, tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas defnidas no Plan formativo Ofimático de Galicia.

Página 6 de 12

Rss