^ Ir arriba

Benestar Social e Sanidade

Concellaría de Benestar social e Sanidade

 Captura de pantalla 2016-01-21 a las 13.31.54

Responsable de área: Rocío Cambra Castro

Enderezo: Concello de Gondomar

Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Captura de pantalla 2016-01-21 a las 13.31.59

Benestar Social

Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

Os Servizos sociais municipais teñen por obxecto:

  • A detección e análise das necesidades e carencias sociais das e dos gondomareños.
  • A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.
  • A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade
  • A mellora da autonomía persoal.
  • A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
  • A animación e o desenvolvemento comunitario.
  • A mellora da cooperación e solidariedade expresada no voluntariado social