^ Ir arriba
Luns, 20 Marzo 2017 09:42

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” finaliza o programa de actividades que levou a cabo en centros escolares do Val Miñor durante os últimos dous meses.

Written by
Rate this item
(0 votes)

Valmiemprega Xove, Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Gondomar en colaboración cos municipios de Baiona e Nigrán, e que conta co cofinanciamento de Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, ven de rematar o seu programa de actividades en centros escolares do Val Miñor.

Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo desenvolveronse actividades de sensibilización e promoción do patrimonio cultural e natural e dos recursos turísticos do Val Miñor a través de charlas didácticas e presentacións dirixidas ao alumnado de Primaria e ESO dos distintos centros da comarca.
Durante este período realizaronse un total de 23 accións grupais que beneficiaron a uns 900 escolares dos colexios CEIP Belesar (Baiona), CEIP Cruz-Camos, CEIP Peitieiros, CEIP Souto-Donas, CEIP Fontes-Baíña (Baiona), CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), IES Val Miñor (Nigrán) e CEIP Serra-Vincios (Gondomar).
No marco desta colaboración cos centros de ensino, foron organizadas tamén algunhas visitas guiadas para escolares.
O Obradoiro agradece aos centros escolares da comarca a boa acollida que tivo dita campaña.

 

Read 3649 times Last modified on Luns, 20 Marzo 2017 09:59