^ Ir arriba
Luns, 03 Abril 2017 13:29

“Valmiemprega Xove” ven de rematar o deseño de abundante material informativo en tres idiomas para a promoción turística do Val Miñor.

Written by
Rate this item
(0 votes)

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” ven de rematar o deseño de abundante material informativo en tres idiomas para a promoción turística do Val Miñor e de determinados recursos dos concellos miñoranos.

Unha ampla guía turística e unha serie de folletos conformada por 14 dípticos e trípticos diferentes, conforman a serie de materiais que o alumnado do Obradoiro de Emprego Valmiemprega Xove ten elaborado para promocionar unha imaxe conxunta dos recursos turísticos do Val Miñor.
Os folletos elaborados céntranse en temáticas, recursos ou espazos de todo o Val Miñor, atendendo monograficamente a aspectos como natureza, senderismo, rutas fluviais, arte rupestre, pazos, muiños ou gastronomía e produtos típicos, asi como a lugares como Serra do Galiñeiro, Serra da Groba, fachada atlántica ou Foz do rio Miñor, ao que se engaden os folletos que promocionan ás visitas ás parroquias rurais dos tres concellos miñoranos.
Elaborados en formatos diferentes, están disponibles tanto en idioma galego como en castelán. Igualmente se incorporan a esta serie 5 folletos en inglés. Os concellos poderán dispoñer deste material en formato dixital, de forma que poidan estar disponibles para ser descargados por calquera turista ou cidadán interesado.
Finalmente, e en relación coas homenaxes que este ano está a recibir o escritor Carlos Casares, ao que se dedica o Día das Letras Galegas 2017, o Obradoiro Valmiemprega Xove ten elaborado un folleto titulado “Carlos Casares. O noso veciño, o escritor”, que pretende contribuir á difusión da obra e da figura deste persoeiro que tanta vinculación tivo coa comarca miñorana. Exemplares deste folleto estanse a remitir aos centros escolares, concellos e bibliotecas dos tres municipios.

 

Read 2468 times Last modified on Luns, 03 Abril 2017 13:33