^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Martes, 29 Octubro 2019 11:22

Flashmob de terror na noite de Samaín

O concello de Gondomar prepárase para celebrar un Samaín terroríficamente divertido e musical no que buscará a implicación do maior número de veciñas e veciños do municipio. Por esta razón, a través da concellería de Cultura, programouse un Flashmob, claramente fantasmagórico, que se desenvolverá a partir das 20.00 horas na Praza dá Paradela.
 
Venres, 18 Octubro 2019 17:27

Canta Connosco

Animádevos a participar nesta nova actividade pensada para cativos e maiores con MIGALLAS TEATRO. Esperámosvos mañán sábado ás 18,00 horas no Auditorio Municipal.

Mércores, 16 Octubro 2019 18:52

Camiño do Irmandamento

O próximo 26 e 27 de outubro será unha data importante para Gondomar. Eses días celebraráse o "Camiño do Irmandamento".

A ruta ciclista terá saída dende a Praza da Paradela o día 26 ás 09:00h. Inscrición previa e máis información en Turismo Gondomar 678 874 985 ou no email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. Data límite o 21 de outubro.

Este mércores a Casa de Cultura de Gondomar, a partir das 18:00h, abrirá unha fábrica moi especial, dirixIda ós nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, na que poderán elaborar corazóns solidarios e reciclados contra a violencia de xénero. Consciente da importancia de concienciar ás novas xeracións en valores de igualdade, programamos un novo taller no que os participantes poderán construír corazóns coas noticias sobre malos tratos que recollen os diarios. Ademais toda a actividade estará acompañada de unha sesión de contacontos solidarios a cargo duns títeres moi particulares. ¡ESPERÁMOSVOS!

Martes, 15 Octubro 2019 10:31

Visita do xurado de "Vilas en Flor"

O xurado de “Vilas en Flor” visitando Gondomar, da man do concelleiro Brais Misa, para valorar e comprobar os nosos espazos públicos, xardíns, rotondas e prantas.

 

Tomando como escusa a inauguración na Praza da Paradela da vila de Gondomar da exposición d'Pedra, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra, convócase o primeiro Concurso de Escultura Concello de Gondomar, con vocación preferente de monumento ao aire libre, cuxo resultado gañador quedará emprazado na vila ou municipio como un símbolo e unha achega ao seu desenvolvemento cultural. 

Máis información nas bases do concurso:

 

Martes, 08 Octubro 2019 10:44

Posto informativo sobre compostaxe

Coñece de primeira man que é o compostaxe, un composteiro e que vantaxes ten para ti e, sobre todo para o noso medioambiente. Este martes explícancho, con todo tipo de detalles, na carpa informativa "Plan Revitaliza", que se situará na Praza dá Paradela.

Xoves, 03 Octubro 2019 14:18

Contacontos na Praza Paradela

A Praza Paradela acolle este venres unha nova actuación pensada para os/as cativos/as da casa. Este peculiar e divertido contacontos enmárcase dentro do programa “Ler conta moito”, que ten como obxectivo dinamizar as bibliotecas e fomentar a lectura.

Mércores, 02 Octubro 2019 17:20

Taller interxeracional dirixído ás familias.

O concello de Gondomar pon en marcha un taller interxeracional dirixido ás familias.

O goberno municipal de Gondomar, a través da súa concellería de Xuventude, desenvolverá durante o mes de novembro unha nova actividade dirixida a fomentar o intercambio interxeracional e as actividades familiares. Así dentro do programa Tezendo Lazos, que promove a Deputación Provincial de Pontevedra, poñerase en marcha o taller “Faino ti”.

Os participantes, cuxas idades poderán abarcar entre os 6 e 99 anos, poderán realizar manualidades de modelado e pintado con obxectos reciclados, empregando para iso diferentes técnicas. Desta forma trabállase o respecto polo medioambiente á vez que se busca que grandes e pequenos, a ser posible integrantes da mesma familia (avós/ as, pais, nais e pequenos/ as), podan intercambiar experiencias e pasar un bo intre xuntos.

A actividade desenvolverase tódolos sábados do mes de novembro entre as 10.30 e as 13.30 da mañá no Centro Neural do Concello de Gondomar. Tódolos interesados poderán inscribirse ata o 24 de outubro, cubrindo unha solicitude que se poderá descargar na páxina web www.concellodegondomar.com, ou recoller na OMIX, e que deberá presentarse posteriormente no rexistro municipal.

 

ANEXOS

>> Descargar Documento de Solicitude de inscrición 

>> Descargar Documento de autorización para menores (entre 12 e 17 anos)

 

Martes, 01 Octubro 2019 10:46

Concerto Inédito "Unha Banda Con Raís"

Este domingo ás 18:00h, na Praza Paradela, concerto inédito "Unha Banda Con Raís"

Página 3 de 50

Rss