^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Esta nova ferramenta, xestionada e financiada ao cento por cento polo concello, permitirá ao sector hostaleiro xestionar as súas vendas de maneira online e prestar un servizo a domicilio dos seus produtos, que se implantará paulatinamente a todo o comercio local que queira acollerse ao mesmo de maneira totalmente gratuíta.

O goberno local poñerá en marcha este servizo durante o estado de alarma e despois do mesmo ata que volva a normalidade, non descartando a súa implantación de maneira indefinida de ter demanda e así incentivar as compras no municipio e potenciar o pequeno comercio local.

O próximo día 03 de maio, coincidindo coa celebración do Día da Nai, servizo que comezaría a funcionar esta plataforma facilitando aos locais de restauración ou hostalería que permanecen pechados publicitar os seus menús, ofertas e ofrecer o seu servizo a domicilio aos clientes que o precisen. Os pedidos faranse previamente e abonaranse directamente a través da plataforma.

Así esta iniciativa foi anunciada polo alcalde, Paco Ferreira, despois de ser analizada e consensuada con representantes e asociacións do sector hostaleiro (OVALMI, a Asociación de Placeiros de Gondomar) ás que se sumou a Asociación de Empresarios do polígono da Pasaxe) cos que se mantivo un contacto diario para coñecer cales son as súas principais demandas e retos, unha vez que se levante o estado de alerta sanitaria e póidase regresar á actividade.

Neste sentido o alcalde, subliñou que “como administración temos que estar aí e axudar en todo o que podamos, é o momento de reinventarnos ante unha nova realidade que se nos presenta. Lembrando que este sector, como outros, enfróntanse a un período de incerteza porque aínda non teñen claro como nin cando poderán abrir é preciso non quedarnos atrás e promover iniciativas que faciliten un regreso progresivo á actividade e minimice os prexuízos que a nosa hostalería sufrirá”.

O alcalde tamén adiantou que os restaurante, bares e cafeterías este ano quedarán exentos do pago da taxa de terrazas, e que os servizos municipais están a estudar a posibilidade de aplicar esta medida noutros impostos que lles afecten directamente, co fin de paliar e axudar no posible as perdas que este ano sufrirán os negocios de Gondomar.

  

Nos próximos días manteranse contactos con outros sectores do municipio, como o do comercio, aos que se podería estender o uso desta nova ferramenta de venda online, e outras medidas de axuda sen descartar que “a longo prazo se poida abrir a todos aqueles que estivesen interesados en sumarse a ela converténdose nun servizo máis para potenciar e facilitar as vendas a domicilio nunha era onde non podemos deixar de reinventarnos e ir coas novas tecnoloxías”, concluíu Paco Ferreira.

comercio de Gondomar.jpg

 

Martes, 21 Abril 2020 16:50

Qué libros marcaron a túa vida?

Cóntanos a túa experiencia coa lectura o todo sobre eses libros que influíron na túa vida. 

Envíanos esas experiencias a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e o difundiremos a través do Instagram da OMIX.

 

da man de quen comenzaches a ler__.jpg

As redes sociais do concello de Gondomar quérense converter esta semana no fío condutor da celebración do Día do Libro a través dunha iniciativa, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración coa Biblioteca Municipal do municipio, na que se convida a participar a todos os cidadáns a sumarse á celebración desta data recomendando as súas lecturas favoritas.

O obxectivo é crear unha cadea de libros e títulos a través das redes contestando a dúas preguntas sinxelas: grazas a quen empezaron a ler e que libros lembran como os máis especiais. Desta maneira búscase espertar o interese pola lectura, achegando desde o concello o seu gran de area ao sector editorial e promovendo o apoio ao mundo da literatura, un gran aliado, sen dúbida, no período de confinamento das persoas nas súas vivendas durante o estado de alerta sanitaria.

Os interesados en participar poderán facelo a través da conta de Instagram da OMIX ou enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. recomendando tres libros e agradecendo á persoa que lles abriu as portas ao mundo da lectura.

Todas as mensaxes serán subidas de forma anónima creando unha cadea de títulos cos que recoñecer, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a importancia da lectura e todo o que reporta a quen se achega a ela.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, puxo en marcha nos últimos días unha serie de videoconferencias con diferentes Asociacións empresariais e de comerciantes do municipio. O obxectivo destes encontros virtuais é coñecer de primeira man as necesidades destes profesionais e traballar conxuntamente na procura de iniciativas innovadoras que lles permitan voltar a normalidade canto antes, e facilitando as ferramentas e medios que estén ao alcance da administración para que os perxuizo do peche obrigado polo estado de alarma que estamos a vivir, sexa o menor posible.

 

WhatsApp Image 2020-04-21 at 21.14.15.jpeg

Martes, 21 Abril 2020 10:44

Nova pasarela sobre o río Zamáns

Pouco a pouco iremos voltando a normalidade e nese proceso, e pese aos tempos difíciles que estamos a vivir, se segue a traballar no proceso transformador de Gondomar, con obras como as realizadas na nova pasarela sobre o río Zamáns que se marcan como obxectivo facer a nosa localidade máis transversal, eaccesible e convertila nun concello de referencia.

 

pasarelam1.jpg

pasarela 2.jpg

Esta semana arrancarán os cursos de formación on-line que o Centro de Información da Muller (CIM) do concello de Gondomar desenvolverá , financiados a través da Secretaría Xeral de Igualade e con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos.

Ao longo desta semana comenzarán a impartirse os dous primeiros cursos, concretamente, monitor/a de comedor escolar e monitor/a de transporte escolar.

Lembrade que esta é a derradeira semana na que se admitirán solicitudes para participar nalgún dos restantes cursos que se van impartir e para os que aínda queda alguna praza para completar (educación para a igualdade, prevención de riscos en actividades tempo libre, hixiene e manipulación de alimentos, e, técnicas de comunicación con persoas dependentes)

 

Cartel 1.jpg

Sábado, 11 Abril 2020 19:24

Gondomar suspende a súa Gala do Deporte

A Gala del deporte, cuya celebración inicialmente aplazárase, ante las circunstancias derivadas da crise sanitaria suspéndese ante a imposibilidade de fixar unha nova data no calendario, tal e como valorouse nun principio tralo decreto de estado de alerta.

A Gala do Deporte, que este ano cumpre a súa quinta edición, consolidouse non tempo como unha cita coa que o municipio recoñece “a entrega e dedicación das persoas, clubes ou institución de Gondomar no mundo do deporte”. Con ela ríndeselles unha homenaxe polo seu esforzo pero tamén pola “transmisión de valores inherentes e necesarios para todos, e por trasladar en moitísimos casos o nome de Gondomar ao máis alto e a todos os recunchos do mundo”.

 

Gala do Deporte de Gondomar copia.jpg

O concello de Gondomar intensifica a desinfección das súas rúas e parroquias e, por segunda vez consecutiva, actuou nos exteriores da residencia de maiores Vila do Conde para garantir a seguridade dos seus residentes. Unha labor á que se sumarán membros do exército, concretamente da Brilat, que chegan á localidade para reforzar esta desinfección dunha forma máis exhaustiva e intensiva co obxectivo común de evitar posibles contaxios e previr a propagación do virus. Unha axuda que “é necesaria porque non debemos confiranos e temos que seguir traballando unidos e sumando esforzos nesta loiga contra o COVID-19.”

 

a7d67ce0-97e9-48d9-93ca-8bea6cdae024 copia copia.jpg

O concello de Gondomar e a Asociación Española contra o Cancro (AECC) abrirán unha liña de atención psicolóxica e emocional para os veciños  e veciñas do municipio.
 
O concello de Gondomar canalizará as demandas das persoas que requiran este servizo a través do departamento de Benestar Social no teléfono 986 360 1680 ou o correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. facilitando os datos necesarios para que os profesionais da Asociación contacten con aqueles veciños que necesiten esta atención.
 
A AECC, que ata o de agora viña prestando este apoio aos pacientes oncolóxicos e ás súas familias, quere dar un paso máis na súa colaboración con Gondomar ampliando este servizo a quen ben por estar afectados polo Coronavirus, ou por perder un familiar pola enfermidade precisen apoio psicolóxico.
 
O equipo de facultativos, con ampla experiencia en tratar este tipo de situacións de ansiedade, tamén atenderán a persoas maiores que viven soas, aos seus cuidadadores, e a aqueles profesionais de sectores que se viron expostos no desenvolvemento das súas obrigacións a altos niveis de presión con motivo da crise do  COVID-19.

A medida, que será extensible aos veciños e veciñas do concello, poñerá á súa disposición un sistema para imprimir os traballos, apuntamentos ou documentos que precisen e aos que non teñen acceso por dispoñer dos medios necesarios nas súas vivendas.

Desta forma habilitarase unha dirección de correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.) á que se poderán dirixir aqueles mozos/as que necesiten imprimir os seus traballos, apuntamentos ou deberes que posteriormente se lles fará chegar aos seus domicilios, sempre respectando todas as medidas de seguridade sanitarias establecidas.
Esa mesma dirección poñerase ao dispor de veciños/as que nas súas vivendas carezan dos medios precisos para imprimir nestes momentos e necesiten os documentos ou material concretos para desenvolver trámites inaprazables ou que resulten fundamentais no desenvolvemento da súa actividade diaria.
Os interesados deberán remitir a documentación que queren que se lles imprima ao correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. indicando o seu nome e apelidos, dirección e un teléfono de contacto para que unha vez estea impresa e preparada fágaselles chegar ata os seus domicilios no menor prazo de tempo posible.

Página 7 de 62

Rss