^ Ir arriba

novas

Novas

Novas

Tomando como escusa a inauguración na Praza da Paradela da vila de Gondomar da exposición d'Pedra, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra, convócase o primeiro Concurso de Escultura Concello de Gondomar, con vocación preferente de monumento ao aire libre, cuxo resultado gañador quedará emprazado na vila ou municipio como un símbolo e unha achega ao seu desenvolvemento cultural. 

Máis información nas bases do concurso:

 

Martes, 08 Octubro 2019 10:44

Posto informativo sobre compostaxe

Coñece de primeira man que é o compostaxe, un composteiro e que vantaxes ten para ti e, sobre todo para o noso medioambiente. Este martes explícancho, con todo tipo de detalles, na carpa informativa "Plan Revitaliza", que se situará na Praza dá Paradela.

Xoves, 03 Octubro 2019 14:18

Contacontos na Praza Paradela

A Praza Paradela acolle este venres unha nova actuación pensada para os/as cativos/as da casa. Este peculiar e divertido contacontos enmárcase dentro do programa “Ler conta moito”, que ten como obxectivo dinamizar as bibliotecas e fomentar a lectura.

Mércores, 02 Octubro 2019 17:20

Taller interxeracional dirixído ás familias.

O concello de Gondomar pon en marcha un taller interxeracional dirixido ás familias.

O goberno municipal de Gondomar, a través da súa concellería de Xuventude, desenvolverá durante o mes de novembro unha nova actividade dirixida a fomentar o intercambio interxeracional e as actividades familiares. Así dentro do programa Tezendo Lazos, que promove a Deputación Provincial de Pontevedra, poñerase en marcha o taller “Faino ti”.

Os participantes, cuxas idades poderán abarcar entre os 6 e 99 anos, poderán realizar manualidades de modelado e pintado con obxectos reciclados, empregando para iso diferentes técnicas. Desta forma trabállase o respecto polo medioambiente á vez que se busca que grandes e pequenos, a ser posible integrantes da mesma familia (avós/ as, pais, nais e pequenos/ as), podan intercambiar experiencias e pasar un bo intre xuntos.

A actividade desenvolverase tódolos sábados do mes de novembro entre as 10.30 e as 13.30 da mañá no Centro Neural do Concello de Gondomar. Tódolos interesados poderán inscribirse ata o 24 de outubro, cubrindo unha solicitude que se poderá descargar na páxina web www.concellodegondomar.com, ou recoller na OMIX, e que deberá presentarse posteriormente no rexistro municipal.

 

ANEXOS

>> Descargar Documento de Solicitude de inscrición 

>> Descargar Documento de autorización para menores (entre 12 e 17 anos)

 

Martes, 01 Octubro 2019 10:46

Concerto Inédito "Unha Banda Con Raís"

Este domingo ás 18:00h, na Praza Paradela, concerto inédito "Unha Banda Con Raís"

Luns, 30 Setembro 2019 15:21

ANUNCIO DE CONSULTA DO CENSO ELECTORAL

Na oficina da planta baixa do Concello, (Negociado de Estatística), dende o día 30 de setembro ata o día 7 de outubro poderá consultar o censoelectoral ordinario que rexirá nas Eleccións Xerais (Congreso e Senado) do día:10 de novembro de 2019

Poderase comprobar o CENSO ELECTORAL e si é o caso, presentar reclamación sobre a súa exclusión ou inclusión e modificacións de datos en ditas oficinas.

HORARIO: de 9 a 14 horas.

Imprescindible: DNI

Gondomar, 30 de setembro de 2019

O ALCALDE

(Documento asinado dixitalmente en PDF adxunto)

Este Venres 27 de setembro celébrase, na Praza Paradela, o día da loita contra a emerxencia climática. No marco deste acto celebraranse as seguintes actividades.

Este sábado, a partir das 12.00h do mediodía, a Praza da Paradela converterase no escenario sobre o que se vai a desenvolver a performance “Un xardín por (re)construír”, a cargo da compañía Aporía Escénica e que escenificará a directora e actriz, Diana Mera. Esta representación enmárcase dentro do programa Mulleres en acción. #Violenciazero, promovido pola Deputación de Pontevedra.

Con esta iniciativa o goberno de Gondomar suma unha ferramenta máis na súa loita contra a violencia de xénero e a condena aberta e rotunda a calquera acción relacionada con ela. O concello de Gondomar únese a esta iniciativa, nacida a fai catro anos, que busca trasladar a espazos públicos esta denuncia buscando á súa vez unha implicación directa e maior das cidadás e cidadáns.

 

Entrega de premios no XIX Torneo Aberto Internacional Concello de Gondomar

Mércores, 25 Setembro 2019 10:23

Trail Serra do Galiñeiro

A Serra do Galiñeiro, unha cita ineludible para os amantes do Trail.

Por noveno ano consecutivo o Concello de Gondomar acolle o "Trail Serra do Galiñeiro", que está enmarcado dentro da programación do circuíto "Galicia Máxica Trail Adventure 2019, que organiza tres probas en diferentes puntos da nosa comunidade, sendo "A Serra do Galiñeiro", unha proba que sempre repite. Coma en edicións anteriores a proba dividirase en dúas carreiras: Trail (30 kilómetros) e mini Trail (15 kilómetros). A elas sumarase a "Canitrail", cun percorrido de 9 kilómetros no que corredores e corredoras irán acompañados polas súas mascotas.

A saída, será este domingo a partir das 8:30h na Praza da Paradela, (praza do Concello), que será tamén a meta de chegada da carreira. 

¡Ánimo a todos e todas as participantes!

Rss