Print this page
Mércores, 07 Abril 2021 17:16

Medio Ambiente implica aos centros escolares do municipio na compostaxe

Desde o departamento do goberno local ofreceuselles un composteiro individual convidándolles a empregarlos para xestionar os restos orgánicos procedentes das comidas e merendas do alumnado e evitar que acaben no colector de fracción de resto.

Segundo confirman desde o departamento do Medio Ambiente “a resposta foi moi positiva e maioritaria, demostrando a súa implicación en actividades que permitan sensibilizar ás novas xeracións na loita contra o cambio climático e a defensa da riqueza natural do noso concello”.

Desde o goberno local poñerase ao dispor dos colexios que o soliciten un composteiro individual de 300 litros onde poderán reciclar os residuos orgánicos que se xeneren nel. Así mesmo tamén se lles pon á súa disposición compost procedente dos centros comunitarios de Gondomar, en caso de que nos seus proxectos escolares teñen a intención de poñer en marcha unha horta escolar.

Por último, a iniciativa impulsada por Medio Ambiente contempla a posibilidade de impartir charlas formativas nos centros educativos, tanto ao profesorado como ao alumnado, para explicar o correcto uso e mantemento do composteiro, tal e como xa se realizou no CEIP Neira Vilas, respectando en todo momento as medidas de seguridade sanitarias recollidas na normativa COVID19.

Nova entrega composteiros veciñanza

A iniciativa súmase as campañas de aposta pola compostaxe que se veñen desenvolvendo dende o inicio da lexislatura dende a concellería de Medio Ambiente, dirixida por Brais Misa, como é o reparto de composteiros individuais á veciñanza que os solicitou. Este mesmo mércores entregouse unha nova decena deles que se suman aos preto dos 300 que ata o de agora repartirónse entre aquelas persoas interesadas en reciclar os seus residuos orgánicos con este sistema.