^ Ir arriba

novas

Mércores, 28 Abril 2021 22:18

APERTURA DE SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CAMPAMENTO URBANO GONDOVERAN 2021

O Centro de Información á Muller (CIM) da Concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, informa que se pon en marcha unha nova edición do campamento urbano Gondoverán coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

O seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo en horario de 9 a 14h con posibilidade de 8 a 15h, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral da nena/o a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

Como novidade este ano poderase solicitar por quincena ou todo o mes completo.

Contarase con 100 prazas para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nados entre os anos 2008 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2018 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos/as doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores ou titores/as legais sexan persoas traballadoras no municipio de Gondomar. Estas prazas serán adxudicadas por orde de entrega de documentación a través do Rexistro no Concello ou na sede electrónica.

A inscrición realizarase do 3 ao 13 de maio a través do Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9.00 a 14h ou ata as 23.59h do 13 de maio a través da Sede Electrónica.

Para calquera dúbida as persoas interesadas poderanse dirixir ao CIM, na Casa da Cultura, no teléfono 986 389 355 ou no seguinte correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Podes descargar os documentos abaixo.

Cartel.jpg

Preme para ampliar:

Triptico.jpg

 

Documentos:

 

documento icono.png Autorizacións.pdf

documento icono.pngObrigas.pdf

documento icono.pngSolicitude.pdf