Print this page
Xoves, 07 Octubro 2021 20:15

Gondomar prepárase para celebrar a III “Gladiator kids”

II GLADIATOR KIDS.png

O vindeiro sábado 16 de outubro celebrarase finalmente esta divertida carreira de obstáculos para grande e pequenos, e que o goberno local pospuxo o pasado mes de agosto como precaución ante o aumento de casos da COVID en toda España. Agora vén con moitas ganas e probas que farán rir a máis dun e dunha.

A proba mantén o número de inscricións cubertas no seu momento, preto de 200, e desde as concellerías de Deportes e Xuventude, organizadoras deste evento, pídese a quen non poidan participar polo cambio de data que o comuniquen chamando ao teléfono 986 369 746 ou ben enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

O Parque da Coelleira converterase, por primeira vez, no circuíto que deberán cubrir os corredores e as corredoras, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, que deben participar acompañados por un adulto. A Gladiator Kids é unha carreira na que a competitividade se deixa ao carón para dar paso a momento divertidos e compartir unha experiencia distinta e de colaboración entre os participantes. 

A entrega de dorsais realizarase a partir das 15.00 horas e as probas arrincarán ás 16.00 horas. En primeiro lugar participará o grupo integrado por pequenos e pequenas de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos. Unha hora máis tarde, ás 17.00 horas, será a quenda dos participantes cuxas idades estean entre os 7 e os 12 anos

En ambos os circuítos atoparanse con diferentes retos, sempre adaptadas a idade dos participantes, nas que se poñerá a proba as súas habilidades á hora de facer fronte a obstáculos que atoparán no percorrido que deberán ir sorteando ata chegar á meta, un obxectivo que vén marcado sobre todo polo “carácter lúdico e non competitivo, primando a diversión e o momento que se comparte coa familia”.