Print this page
Mércores, 17 Xaneiro 2018 15:29

I CONCURSO DE FOTOGRAFIA - "Gondomar, un banco para o mundo"

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Comercio  e Turismo convoca o I Concurso de ideas:

 “GONDOMAR, UN BANCO PARA O MUNDO” con arranxo ás seguintes  BASES REGULADORAS

 foto concurso

1.PARTICIPACIÓN

Este concurso está aberto a tódalas persoas profesionais ou afeccionadas á fotografía que desexen participar.

2.TEMA

O tema escollido é “Un lugar para un banco”. O obxectivo é procurar imaxes  de lugares de Gondomar, onde as Vistas Panorámicas do Concello , Do Val Miñor ou da Costa inviten a repousar, a deter o tempo, a sentarse para contemplar sen reloxio o espectacular panorama que se presenta diante dos nosos ollos.

3.CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS

Cada concursante poderá participar con un máximo de tres fotografías dixitais inéditas en cor, en formato JPG, PNG ou TIFF cunha resolución mínima de 800x600 px, en vertical ou horizontal. Non se admitirán fotomontaxes de varias fotografías. A fotografía gañadora tería que ser aportada posteriormente cunha resolución máxima de 4000x2000.

 4.ADMISIÓN DE FOTOGRAFÍAS

Soamente se admitirán a concurso as fotografías que fosen remitidas conforme ao disposto nas presentes bases.

Cada participante garante que é lexítimo titular de tódolos dereitos de propiedade intelectual inherentes ás fotografías presentadas e garante tamén que non infrinxe dereitos de imaxe de terceiras persoas.

Non se admitirán a concurso aquelas imaxes que fosen remitidas por calquera lugar ou medio fóra do establecido nestas bases; aquelas que poidan vulnerar o dereito ao honor ou á intimidade de terceiras persoas ou que poidan resultar de mal gusto, ofensivas, difamatorias, xenófobas ou que conculquen a legalidade vixente.

 Tamén serán descartadas as fotografías que non reúnan a calidade esixida, que non se ateñan ao tema da convocatoria e aquelas que leven sinatura ou algunha outra marca identificativa.

 No caso de fotografías nas que aparezan unha ou varias persoas físicas maiores de idade recoñecibles, o/a participante deberá contar coa autorización expresa das mesmas, que será necesaria (conforme á Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e a propia imaxe) para a presentación da fotografía neste concurso e para a súa utilización nos termos establecidos nestas bases, o cal se esixirá aos participantes mediante a aportación de documentación acreditativa.

 Serán excluídas automaticamente deste concurso aquelas fotografías nas que aparezan menores de idade recoñecibles.

 Os autores premiados deberán acreditar a súa residencia en Gondomar, que se comprobara no censo municipal. Consultar ANEXO II*

 O/a autor/a da fotografía asume a responsabilidade do correcto cumprimento desta e das demáis garantías da normativa sobre protección da propia imaxe, comprometéndose a indemnizar os danos e perxuízos que puidera ocasiónar o seu incumprimento.

  1. PRESENTACIÓN E PRAZO DE ENTREGA

 As fotografías de cada autor/a serán enviadas nun mesmo correo electrónico á dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. acompañadas da folla de inscrición que figura como ANEXO I a estas bases, debidamente cuberta, e disponible na web do Concello de GONDOMAR www.concellodegondomar.gal e na Concellería de Turismo-

Só se admitirá un único correo por autor/a, prevalecendo en calquera caso o primeiro envío recibido que non exceda o límite de 3 imaxes.

O nome de cada arquivo fotográfico corresponderá co título de cada fotografía.

O prazo de admisión de obras a concurso iniciarase o 22 de xaneiro de 2018e rematará 9 de febreiro  de 2018 ambos inclusive, do que dará fe a hora de envío do propio correo electrónico.

6.DATOS PERSOAIS

Os datos persoais necesarios para a admisión das fotografías serán empregados unicamente coa finalidade de xestionar e executar este concurso.

 Non se empregarán para ningunha acción publicitaria, nin serán cedidos a ningunha empresa,nin inscritos en ningunha base de datos.

 O nome e apelidos do autor/a da proposta fotográfica gañadora farase público para xeral coñecemento.Tamén se dará proxección pública das fotografías finalistas.

7.VOTACIÓN

Unha vez pechado o prazo de presentación de fotografías abrirase un prazo para a votación telemática entre as fotografías seleccionadas por un xurado composto por tres persoas, que se reunirá para determinar cales cumpren os requisitos para ser consideradas candidatas.

A deliberación do xurado será dende o día 10 de febreiro ate o 18 de febreiro. O 19 de febreiro ábrese a votación ate o 30 de abril ambos inclusive.. CONSULTAR ANEXO III **

 

 O lugar para que Gondomar coloque un banco para o mundo, será o que teña maior número de votos cidadáns.

Serán rexeitados os votos duplicados que proveñan dunha mesma orixe, tratando de respectar o principio de que cada persoa emita un só voto.

 O resultado comunicaráselle ao gañador/a ao teléfono de contacto e á dirección de correo electrónico que así mesmo se faga constar.

Se no prazo de 3 días hábiles non fora posible contactar coa persoa gañadora, quedará automáticamente excluida do concurso e pasarase ás fotografía seguintes en orde ao número de votos.

 Unha vez establecida comunicación co/a gañador/a, este disporá de 3 días hábiles para comunicar a aceptación do premio. Se transcurrido este prazo non se recibise resposta do/a premiado/a, entenderase que renuncia e procederase coma no apartado anterior.

 Unha vez resolto o  Concurso Fotográfico “GONDOMAR, UN BANCO PARA O MUNDO”, a fotografía gañadora será anunciada nas páxinas

www.facebook.com/concellodegondomar e www.concellodegondomar.gal xunto co nome e apelidos do seu autor/a.

As obras presentadas serán preseleccionadas por un xurado que valorará os seguintes criterios:

-  Beleza e/ou  espectacularidade da paisaxe.

-  Adecuación do lugar para poder colocar un banco contemplativo.

-  Accesibilidade do lugar.

-  Ubicación que invite ao silencio, ao relax, a contemplación, a meditación ao disfrute visual.

-Transmisión do aspecto turístico do Concello de Gondomar

 O fallo do xurado non terá dereito a voto, pero si, poderá reservarse o dereito a declarar deserto o concurso  se así o determina, se non hai fotografías que cumpran cos requisitos da convocatoria

8.PREMIOS

8.1.- Para a fotografía gañadora.

 O premio é intransferible e consistirá na entrega dun diploma acreditativo, e unha cea para duas persoas nun restaurante de Gondomar.

8,2.- Para as persoas que emitan voto.

Un teléfono móvil a sortear entre todos os participantes que emitan votos telemáticos.

 

9.DEREITOS DE PROPIEDADE E REPRODUCCIÓN

Cada participante manifesta e garante que é o/a único/a autor/a das fotografías que presenta a concurso e por tanto o seu único titular, sen limitacións e en exclusiva, e garante tamén que non foron publicadas previamente.

A fotografía PREMIADA pasará a ser propiedade do Concello de Gondomar. Quedará integrada nos arquivos dixitais municipais e poderá ser empregadaen todo ou en parte, sen límites temporais nin territoriais con fins de exposición e promoción de carácter turístico, sen contrasprestación económica para, a título enunciativo e sen carácter exhaustivo, facer difusión turística a través da publicación de folletos, publicidade en actos de promoción turística, ou calquera outro soporte e medio que se considere conveniente para o fin exposto. Deste uso non se derivarán dereitos de autor/a.

10.ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación neste concurso ten carácter gratuíto e supón a aceptación íntegra destas bases, reservándose esta Concellería a facultade de resolver calquera aspecto non previsto na súa redacción.

Gondomar, 15 de xaneiro  de 2018

O Concelleiro de Comercio  e Turismo

 

>> DESCARGAR ANEXO I (PDF)

>> DESCARGAR ANEXO II (PDF) *

>> DESCARGAR ANEXO III (PDF) **