Print this page
Mércores, 11 Abril 2018 10:23

“Charlas didácticas” cos rapaces de 1º e 2º de primaria do CEIP de Belesar de Baiona.

O alumnado-traballador da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, promovido polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, realizaron unha a actividade “Charlas didácticas” cos rapaces de 1º e 2º de primaria do CEIP de Belesar de Baiona.


A actividade desta xornada consistiu nunha pequena charla, apoiada cunha presentación en power point sobre os recursos do Val Miñor, tanto do patrimonio histórico-artístico como natural, festas, actividades recreativo-deportivas, gastronomía, entre outras. A xornada rematou con xogos didácticos como realización de quebracabezas con fotos de pazos, igrexas, ríos, praias, paseos marítimos, etc..., outro dos xogos consiste en facer parellas e localización nun mapa do Val Miñor dalgúns dos elementos máis característicos que se viron na presentación.
Os rapaces amosaron gran entusiasmo e interese, e dende o Obradoiro de Emprego Valmiemprega considérase que este tipo de actividade contribúe de xeito moi produtivo á dar a coñecer o patrimonio e a nosa cultura entre as idades máis tempéranas.

IMG 3938