Print this page
Mércores, 20 Xuño 2018 07:38

Ruta mariñeira por Baiona do O.E.Valmiemprega II co intercambio IES 1º de marzo e a Newark Academy de New Jersey.

O Alumnado traballador da especialidade de turismo do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II realizou unha visita guiada co alumnado de intercambio, do IES 1º de Marzo e a Newark Academy de New Jersey de EEUU. A ruta realizada foi a Ruta Mariñeira por Baiona.

O grupo estaba formado por 50 persoas entre alumnado e profesorado, e déuselle a benvida no paseo de Pinzón, onde se lles explicou unha introducción histórica e xeográfica sobre Baiona. A seguinte parada foi na Praia da Cuncheira e falouse do antigo balneario e da importancia das augas curativas desa fermosa Praia. A continuación o grupo trasladouse ata o Encontro entre dous mundos, e recibiron a explicación sobre o monumento, para despois baixar ata a Ribeira e contemplar o azulexo dos arcos da antiga lonxa, e os múltiples elementos relacionados coa Arribada como o Pozo da Aguada. Proseguiu a ruta visitando o museo flotante da Carabela A Pinta, onde desfrutaron moito por ser un elemento curioso e peculiar que non se atopa noutros lugares. Rematou o itinerario no Porto de Baiona, como colofón á ruta e para incidir no carácter mariñeiro da Vila. Entraron nas instalacións da lonxa e recibiron unha explación do seu funcionamento e das capturas que chegan alí. No paseo polo porto puideron ver os barcos pesqueiros e as numerosas e variadas artes de pesca, algunhas delas moi curiosas para eles como as nasas para polbo ou nécora. Rematou a explicación xunto a Estación Marítima sobre a Baía de Baiona e as súas características.

O grupo amosou gran satisfacción polo itinerario, xa que estaban moi interesados na nosa historia e a nosa cultura, e levaron unha impresión moi positiva da Vila. Hai que resaltar que o grupo do Newark Academy están volcados nas viaxes de inmersión cultural e esta visita xunto cos alumnos do IES 1º de Marzo cumpriu con creces as súas expectativas.