^ Ir arriba

novas

Novas

Novas

Xoves, 19 Setembro 2019 14:27

Trofeos Bolos Celta

Entrega de trofeos os gañadores dos Bolos celtas.

Xoves, 19 Setembro 2019 14:22

Melloras nas señalizacións

Mellorando a seguridade viaria de Gondomar.

Comeza o curso no Conservatorio Elemental de Gondomar.


Este Mércores 18 no Auditorio Lois Tobío, será a presentación do curso 2019/2020 no seguinte horario.


Presentación e entrega de horarios:
16:00h: alumnos 1º curso


Entrega de horarios:
17:00h: 2º curso
18:00h: 3º curso
19:00h: 4º curso

r

Escolas Deportivas Municipais

Solicitudes de Matrícula, Inscricións e Taxas curso 2019/2020

O vindeiro martes 16 de setembro abrirase o prazo de inscrición, coincidindo co inicio do curso escolar, dunha nova edición da escolas deportivas municipais que o goberno local, a través da a concellería de Deportes, promove co fin de implicar aos máis pequenos e mozos na práctica do deporte e a concienciación dos hábitos saudables.


Os interesados poderán inscribirse na oficina do Pavillón municipal Bernabé Costas de Miranda a partir do 16 de setembro, de luns a venres, de 10.00 a 12.00 horas en horario de mañá, e entre as 17.00 e as 19.00 horas polas tardes. O número mínimo de rexistrados para poñer en marcha calquera curso dos ofertados será de dez persoas.

VIVE O DEPORTE.

Máis información

 

Martes, 10 Setembro 2019 10:33

IX Motomagosto 2019

O vindeiro sábado 12 de outubro chega a IX edición do Motomagosto

Martes, 10 Setembro 2019 10:12

Obras no CRA Peitieiros

Continúan as obras de ampliación do recinto aberto do CRA Peitieiros

 

 

Fantástica xornada deportiva a que vivemos este domingo en Gondomar. Centos de afeccionados formaron o pelotón da vigésima edición cicloturista coincidindo coa celebración do 25 aniversario do Club Ciclista de Gondomar. Con dous padriños de excepción como Miguel Induráin e Aida García que se sumaron a esta cita anual. Con salida e meta no noso municipio, os participantes percorreron os 100km de ruta organizada polo Club Ciclista de Gondomar coa colaboración do concello.

 

 

Reforma e melloras dos colexios Serra Vincios e Souto Donas antes do comezo do curso académico 2019-2020.

Luns, 02 Setembro 2019 14:33

Novo curso para desempregados

O Concello de Gondomar pon en marcha un novo curso para desempregados.

O curso aposta por fomentar as políticas activas de emprego, que faciliten a formación e inserción laboral dos veciños/as que se encontren desempregados.
En esta ocasión a actividade formativa está orientada a formación como “operario de loxística e produción”, requirindo como mínimo a formación en graduado escolar ou equivalente. O curso, sufragado integramente polo goberno local, facilitará a os participantes os coñecementos teórico/prácticos en procesos industriais, de loxística e almacén, prevención de resgos laborais e a formación no manexo de carretillas elevadoras.


O prazo de inscrición estará aberto dende o 2 de setembro e finalizará o día 10 de setembro. Os interesados/as poderán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, ou ben, contactando co departamento de emprego no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou no teléfono 986 384 020.

Luns, 02 Setembro 2019 14:29

XIV Congreso Internacional Aviornis 2020

XIV Congreso Internacional Aviornis.

O día 6, 7 e 8 de marzo do 2020 no Pabellón Bernabé Costas de Miranda

Rss