^ Ir arriba

novas

Novas

Novas

Unha moza deportista que, con 16 anos, prepara un Campionato de Europa. Un accidente, un tratamento incorrecto e, ao espertar, a adolescente pasa de practicar a diario ximnasia acrobática a usar muletas porque ten unha perna amputada.

O alumnado traballador da especialidade de Promoción turística do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, ven de realizar unhas actividades co CEIP Serra Vincios, co alumnado de 5º e 6º.

O luns 7 de Maio continuamos coas xornadas da Escola de Pais e Nais. Nesta sesión teremos unha charla para adultos impartida polo Cuartel da Garda Civil de Gondomar sobre “A Xestión das Redes Sociais” ás 18h na sala de Formación da Biblioteca Municipal de Gondomar.

Este venres poderemos desfrutar dun novo concerto programado pola Concellería de cultura, dirixido por Nuria Lameiro, enmarcado dentro das conmemoracións do 35 Aniversario do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Esta vez será dedicado ao público infantil.

O alumnado-traballador da especialidade de Promoción turística local e información ao Visitante do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou o día 27 unha visita guiada co alumnado de 4º de educación primaria do CEIP CHANO PIÑEIRO arredor de Praia América.

O alumnado-traballador da especialidade de Promoción turística local e información ao Visitante do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou una o día de hoxe unha visita guiada co alumnado de 4º da ESO do CPI DE COVA TERREÑA C arredor de Praia América.

Mércores, 25 Abril 2018 18:30

RUA EMIGRANTE PECHADA O TRÁFICO POR OBRAS.

A partir do xoves 26 de abril de 2018 ás 8.00 horas péchase o tráfico rodado na R/ Emigrante da vila de Gondomar debido ás obras de mellora para o tráfico pesado.

O alumnado-traballador da especialidade de Promoción turística local e información ao Visitante do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou una o día de hoxe unha visita guiada co alumnado de 3º,e 4º de educación primaria do CEIP CHANO PIÑEIRO arredor de Praia América.

O Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, na especialidade de Promoción turística, levou a cabo unha visita guiada arredor de Gondomar cos rapaces do colexio de Fontes de Baíña en Baiona. O grupo de 52 nenos e nenas de entre 6 e 8 anos, acompañados dos profesores disfrutaron dunha xornada completa onde se lles achegou os segredos da Vila.

Venres, 20 Abril 2018 13:56

Día internacional do libro

Este luns 23 de Abril, Día Internacional do Libro, iniciarase o ciclo de Escola de Pais e Nais coa charla “As emocións nos nosos fillos pequenos” impartida por Óscar Carreño Miniño, psicólogo da Mancomunidade do Val Miñor, na sala de formación da Biblioteca Municipal ás 18h.

Rss