^ Ir arriba
Martes, 07 Marzo 2017 18:40

Charla divulgativa de sensibilización "Percorrendo o Valmiñor"

Written by
Rate this item
(0 votes)

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” en colaboración coa Concellería de Turismo de Gondomar ofrece o vindeiro xoves día 16 de marzo ás 20 horas na Sala multiusos do Centro Neural (sede da Policia Local) a charla divulgativa “Percorrendo o Val Miñor”.

Dita actividade, realizada por alumnos e alumnas da especialidade de promoción turística que se cursa neste Obradoiro, está dirixida ao tecido asociativo local e aberta a toda a veciñanza, e ten como obxectivo difundir unha imaxe conxunta dos valores patrimoniais e dos recursos e potencialidades coas que conta a comarca miñorana.

 

Read 3148 times Last modified on Martes, 07 Marzo 2017 19:35