^ Ir arriba

últimos vídeos

Conservatorio Municipal de Música de Gondomar

Conservatorio Municipal de Música de Gondomar

LOGODEF.jpg

Auditorio:  Lois Tobío
Dirección: Rúa Urb. Miñor 73, 36380 Gondomar, Pontevedra
Teléfono:  986 369 746 (mañás) - 986 389 283 (tardes)
Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Horario:    Consultar
facebook icon

Información Web:
O Conservatorio de Gondomar, foi constituído como filial do Conservatorio Municipal de Vigo no ano 1983. Posteriormente, a Consellería de Educación, creou en Gondomar unha sección filial con validez académica oficial ó abeiro do Regulamento Xeral dos Conservatorios de Música, manténdose como Filial do Conservatorio Superior de Música de Vigo ata o curso 1996/97. Dende o curso 1997/98 pasou a ser Conservatorio de Música de Titularidade Municipal non dependente da Consellería.
O Centro sitúase na bisbarra do Val Miñor, no núcleo urbano de Gondomar. A súa área de influencia abrangue os Concellos de Gondomar, Nigrán, Baiona, Tomiño e Vigo principalmente.
Co fin de seguir achegando ós nosos veciños unha educación musical de calidade, a 
Concellería de Educación do Concello de Gondomar e o Conservatorio seguen 
traballando en prol deste ámbito.


Requisitos de acceso:
As persoas interesadas en comezar os estudos musicais deben ter os 8 anos cumpridos
antes de rematar o ano e cumprir como máximo 14 anos durante o 1º curso académico.

Actividades:
- Práctica instrumental: (1h semanal individual)
Sinte a ledicia de gozar da música tocando un instrumento. Traballa individualmente cunprofesor cada semana

- Educación Auditiva e Vocal: (1h semanal colectiva)
Non é imprescindible que un teña dotes de canto innatas, se non que todo se aprende 
nesta vida. Ven a cantar e escoitar a música con nós

- Linguaxe Musical: (2h semanais colectivas)
Aprende o nome das notas e todo aquilo que precisas para ter unha autonomía 
suficiente que te axude a desenvolver a práctica instrumental

- Coro e Orquestra (optativa): (1h semanal colectiva)
Unha actividade para desfrutar xuntos da música, unindo as nosas voces e instrumentos, traballando todo tipo de repertorio, ata actualidade.

- Actividades complementarias: Concertos, audicións, charlas e conversas con músicos profesionais, masterclass, Noite no Conser, concertos didácticos e colaboracións con asociacións culturais da comarca.

Para máis información, visitade a web do noso centro:
http://www.edu.xunta.es/centros/cmuselementalgondomar/

 

Especialidades e claustro de profesores
• Brenda Vidal: Directora do centro e profesora de piano.
• Rosa A. Fernández: Xefa de estudos e profesora de clarinete e saxofón.
• Eneas Fernández: Secretario e profesor de guitarra.
• Héctor Varela: Profesor de violín e viola.
• Ana Goberna: Profesora de linguaxe musical, educación auditiva e vocal e piano.

IMG_20171024_164856.jpgIMG_20171027_103648.jpg
IMG_20171024_165126.jpgIMG_20171024_165018.jpg
IMG_20171024_164952.jpgIMG_20171024_164640.jpg2O4A5959.jpg2O4A5958.jpg2O4A5961.jpg2O4A5963.jpg
2O4A5971-Editar.jpg2O4A5964.jpg