Search

Ubicación

A vila de Gondomar, concello da provincia de Pontevedra, está situada no Val Miñor, no extremo sur occidental de Galicia, un territorio, á vez, exuberante na súa natureza pero humanizado e acolledor.

Limita ao norte con Vigo e Nigrán, ao oeste con Baiona, ao leste con Porriño e Tui e ao sur con Tomiño.

A súa ampla extensión (74,8 quilómetros cadrados) ofrécenos unha grande variedade de paisaxes e habitats: desde os rochosos escarpes da Serra do Monte Galiñeiro, pasando por fragas como a de Oliveira, brañas como a de Chan do Cereixo, ribeiras do Grova e Miñor ata as xunqueiras do esteiro do Miñor.