Identidade corporativa
Nesta sección pódense descargar os diferentes arquivos oficiais para a súa utilización en documentos, cartelería, ou calquera publicación física ou dixital sendo estes os únicos válidos.
Non se permitirá o uso doutros arquivos, nen calquera modificación ou alteración sen o expreso consentimento do Concello de Gondomar.
O uso de calquera outro arquivo non autorizado poderá supoñer a invalidación dos acordos de colaboración.
No caso de calquera actividade con colaboración, económica, loxísitica ou de calquera outra índole na que participe o Concello de Gondomar, a ubicación e tamaño da imaxe corporativa do concello será determinada no convenio correspondente, ou de común acordo entre o concello e a entidade beneficiaria da colaboración.