Menú
Nuria Lameiro Valverde
Tenente de alcalde e concelleira de Sanidade, Igualdade e Benestar Social, Xuventude e
Deportes.

Teléfono
986 360 125 - 678 912 138
[email protected]
concellodegondomar.gal
Enderezo
Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra
Sobre Nuria Lameiro
Nuria Lameiro coordina catro departamentos centrados na atención e benestar das persoas,
desde os que se traballa por garantir a igualdade de oportunidades para toda a veciñanza a través de políticas activas que buscan alcanzar estes obxectivos.
A loita contra a violencia de xénero e a desigualdade das mulleres, a través de iniciativas e actividades concretas dirixidas a toda a poboación en xeral e facendo fincapé nas novas xeracións forman parte do departamento de Igualdade.
Destacar a transversalidade desta área coa de Benestar Social e Sanidade garantindo a atención social primaria das persoas en situación máis vulnerable do municipio, facilitándolle a información necesaria e os medios dos que dispón o concello, dentro das súas competencias.
En materia de deporte destaca a promoción de hábitos saudables, así como a aposta polos deportes base e as novas xeracións, facilitando as infraestruturas e a axuda posible para seguir apoiando aos e as deportistas do municipio.
Mozos e mozas que atopan atención ás súas demandas na área de Xuventude onde se promoven actividades para este sector da poboación, así como facilítase información das distintas axudas, bolsas ou programas que hai á súa disposición entre outras cousas.