Brais Misa García
Concelleiro de Medio Ambiente, Transición Ecolóxica, Movilidade, Transporte e Voluntariado

Teléfono
674 737 236
brais.misa@
concellodegondomar.gal
Enderezo
Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra
Sobre Brais Misa
A superficie arbórea e de espazos naturais de Gondomar é unha das características propias deste municipio e desde esta concellería trabállase diariamente en todos aqueles plans e políticas que permitan revalorizar estes espazos naturais, á vez que se protexen e se manteñen nas condicións adecuadas.
Os obxectivos marcados pola Axenda 2030 respecto ao medio ambiente centran gran parte da acción deste departamento responsable da recollida e tratamento dos residuos sólidos, facendo fincapé no fomento da recollida selectiva, a través de campañas informativas entre outras moitas accións. Hai que destacar a implantación e xeneralización da compostaxe entre os veciños e veciñas do municipio.
Importante a modernización, xestión e adecuación do Punto limpo de Gondomar, ao que se suma tamén dentro das competencias da área a xestión de biomasa e accións silvícolas.
Ademais, o departamento promove políticas de mobilidade inclusivas e sostibles convidando á veciñanza a implicarse na súa consecución. Ademais, se aposta pola colaboración como un medio para lograr unha sociedade máis solidaria en todos os ámbitos, razón pola que se traballa en crear un fomentar unha rede de voluntariado.