Search

Biblioteca Municipal

A principal función da Biblioteca é a de ofrecer o acceso á cultura á cidadanía, de modo que se produza en condicións de igualdade, continuidade e de xeito gratuito. A Biblioteca conta con servizo de préstamo e consulta en sala, postos de lectura para adultos e nenos, 3 ordenadores de uso libre, wifi, prensa, e sección infantil e de banda deseñada. Asemade a Biblioteca conta cun programa de actividades de contacontos e clubs de lectura para todas as idades.

Dirección: Rúa Portugal, 2, 36380 Gondomar, Pontevedra.

Teléfono: 986 384 459

Enderezo electrónico: biblioteca@concellodegondomar.com

Horario: de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. 

Horario de verán (xullo e agosto): de 09:00 a 14:00