O Concello de Gondomar vén de recibir unha subvención da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do Plan +Provincia 2024, por un importe de 10.468,32 € destinada á mellora do Auditorio Municipal.

Grazas a esta achega realizouse a subministración de novo mobiliario, concretamente cadeiras e elevadores para as butacas, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e o confort das instalacións para toda a veciñanza.

Seguimos traballando para ofrecer espazos públicos máis cómodos, accesibles e de maior calidade.

 

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!