Información de interese

O Parque da Coelleira é un das áreas de recreo que atoparás no centro urbano de Gondomar. Conectado coa peonil Praza da Paradela que se converteu nun lugar de lecer e esparexemento, o parque está dividido en varias zonas segundo idades e dispón de tirolina e zona de merendero. Unha vez cruzado o río , na contorna de As Cercas poderedes gozar de zona con pistas de tenis, baloncesto e para os amantes do deporte urbano de pistas de Skate e BMX. Nas proximidades tamén atoparemos o parque de Ánimas con ampla zona de xogo para os máis pequenos.

Fermosos recunchos a beiras do río Miñor ou descobren un espazo refuxio de colonias de aves acuáticas na contorna coñecida como A Xunqueira, no estuario do Miñor é outra das propostas coas que entreter aos máis pequenos da casa… e aos maiores.

Non esquezas consultar a a variada programación cultural e de lecer apta para toda a familia.

Agenda de eventos del Concello

A diversidade do seu territorio así como a singularidade da súa flora e a fauna converten a Gondomar nun atractivo destino para os amantes da natureza. En contornas como o do Monte Galiñeiro, na parroquia de Vincios, ofrécenos a oportunidade de gozar dun espazo tranquilo formado por prados e monte baixo arboledo de piñeiros, eucaliptos, castiñeiros e diversas especies autóctonas e onde numerosos cabalos salvaxes pastan polas súas ladeiras. Son numerosas as pistas que en bicicleta ou a pé achégannos ata o cume do monte ( punto máis elevado de toda a comarca) e permítennos contemplar unhas espectaculares vistas sobre o Val Miñor e a Ría de Vigo.

Para os máis aventureiros, son varios os percorridos ,nas diferentes parroquias de Gondomar,  dispoñibles en WIKILOC que se poden seguir. Podes consultalas aquí:

Percorridos  Gondomar      

A historia de Gondomar está estreitamente ligada á figura de Diego Sarmiento de Acuña, un dos personaxes galegos máis destacados de comezos do século XVII. Militar, político, diplomático e apaixonado polos libros e polo coñecemento, a súa traxectoria levouno desde a súa vila natal ata as cortes de Madrid e Londres.

Coñecido como o I Conde de Gondomar, Diego Sarmiento de Acuña converteu o nome da súa terra nun título nobiliario recoñecido en toda Europa. A súa vida, marcada pola actividade política e diplomática, pero tamén pola súa relación coa cultura e con Galicia, deixou unha fonda pegada na historia de Gondomar.

Hoxe, a súa memoria permanece vinculada á vila a través do patrimonio, do Pazo de Gondomar e tamén do monumento erixido na súa honra en 2003, obra do escultor Manuel Buciños.

Coñecer a figura do Conde de Gondomar é achegarnos a unha parte fundamental da historia de Gondomar e comprender como esta pequena vila do Val Miñor chegou a estar presente nos grandes escenarios políticos e culturais da Europa do seu tempo