Xa está aquí, a segunda das citas dos encontros trimestrais.

O Concello de Gondomar da man da Concellería de Xuventude propón o segundo encontro entre familias e adolescentes, onde se traballará o vínculo como motor de cambio nas familias. Ofrecendo un espazo común que abra a porta a coñecer como se viven os medos adolescentes dende cada un dos prismas.

A adolescencia é unha etapa chea de cambios, descubrimentos…. e tamén de MEDOS que moitas veces quedan ocultos ou non sabemos como abordar. Nesta charla-taller invitamos a pais, nais e adolescentes a compartir un espazo único de escoita, comprensión e aprendizaxe mutuo.

O día 15 de maio ás 19:30h no Centro Neural do Concello de Gondomar, exploraremos cales son os medos máis comúns na adolescencia, dende a presión social, o medo ó rexeitamento ata a inseguridade persoal ou de futuro, e como inflúen no seu comportamento e benestar emocional.

Non só ofreceremos ferramentas prácticas para acompañar os adolescentes, senón tamén abriremos un espazo cos adolescentes de escoita da súa voz, entender o seu mundo emocional e fortalecer o vínculo familiar.

Unha oportunidade para deixar de supor e comezar a comprender…..

Para participar nesta iniciativa é preciso inscribirse no número 986.369.746 ou  na Oficina Municipal de Información Xuvenil a partir do día 7 de maio.

 

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis