O ciclo de encontros “Sementando o Bo Trato”, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, chega á súa derradeira cita.

O 18 de setembro, ás 19:30h, no Centro Neural, falaremos de “Adolescentes e frustración”.

 

A frustración forma parte do crecemento emocional e aparece con frecuencia na adolescencia: ante un “non”, unha discusión, o rexeitamento, non conseguir o que queren ou ter que afrontar as consecuencias dos seus actos.

Como acompañalos neses momentos sen caer en ameazas, castigos, sobreprotección ou discusións?

Neste encontro, familias, nais, pais e adolescentes compartirán un espazo para descubrir como poñer límites sen romper o vínculo e como axudarlles a desenvolver ferramentas para xestionar aquilo que non poden cambiar.

 

Un taller práctico da man de Rocío Álvarez, directora de EdE Escuela de Emociones, para deixar de loitar contra a frustración e comezar a convertela nunha oportunidade de aprendizaxe.

 

📅 18 de setembro

🕢 19:30 h

📍 Centro Neural

📞 Inscricións: 986 369 746

 

Unha oportunidade para aprender a acompañar, comprender e sementar bo trato.

 

Novas

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

SEMENTANDO O BO TRATO, Derradeira cita!

O ciclo de encontros “Sementando o Bo Trato”, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, chega á súa derradeira cita. O 18 de

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Deporte

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

Leer más »