O municipio miñorano participa xunto con outros 12 concellos galegos, catro de eles na provincia de Pontevedra, na iniciativa “Únete ao reto”, impulsada pola consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ecoembes, co obxectivo de promover a concienciación social e a reciclaxe entre a veciñanza de cada municipio.
“Trátase dunha oportunidade fantástica para seguir sumando a prol da defensa do medioambiente, cunha nova acción que segue a liña iniciada polo goberno local de converter Gondomar nun referente de sustentabilidade e exemplo de reciclaxe”, manifestou o alcalde Paco Ferreira. Gondomar, é un dos 5 concellos da provincia Pontevedra, elixidos para sumarse a esta iniciativa que ten como obxectivo principal incentivar aos participantes que incrementen polo menos nun 10% a porcentaxe de achegas ao colector amarelo realizáronse o ano anterior.
A iniciativa desenvolverase entre os meses de marzo e maio e contempla programada unha serie de actuacións a pé de rúa coas que se buscará a implicación da cidadanía para participar de forma activa en mellorar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e lograr aumentar nun 10% os quilos recollidos o ano pasado. Campaña “Únete ao reto” Baseada en achegar ideas e accións innovadoras contempla a instalación temporal de contendores xigantes (4 metros de alto por 2 metros de ancho), acompañados de accións de información, de comunicación a través das redes sociaisou actividades en centros escolares e sociais para mobilizar ao maior número de persoas posible.
Ademais “Únete ao reto” contempla a actuación de 17 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizar as accións que se programen nas rúas. Entre as súas funcións enmárcase tamén a de dar a coñecer aos locais de hostalería e resto de establecementos do municipio a importancia de participar no reto. Se Gondomar logra incrementar ese 10% ao que é retado, logrará a cantidade de 2000 euros que poderá destinar a unha causa de acción social que se determine.
“Sen dúbida todo é positivo neste reto porque axúdanos a avanzar na reciclaxe e na aposta pola economía circular que apoiamos de forma decidida, á vez que nos permitirá doar a unha asociación sen ánimo de lucro o premio para que poida seguir traballando a favor de sectores que o precisan”, concluíu Paco Ferreira.