Historia

A orixe dos primeiros asentamentos atopados remóntase ao Paleolítico, máis concretamente, datáronse nuns 150.000 anos e atópanse na estación rupestre de Chan do Cereixo (Portavedra-Donas).

Tamén atopamos numerosos vestixios da cultura castrexa, da época romana así como da Idade Media.

A orixe de Gondomar estaría relacionada coa presenza dun asentamento xermánico ao mando dun xefe chamado Gundemaro.

É na Idade Media, no séculos XII e na segunda metade do século XIII, cando se forman as parroquias, cuxos límites, en términos xerais, non sufriron alteracións dende entón.

O importante aumento de poboación que experimentou o val durante estes séculos dá lugar á aparición dun número importante de muíños. Os mercados e as feiras, nos que se intercambiaba gando e utensilios, xa existían nesta época, tal e como o demostra a aparición dun mapa do século XII-XIII do lugar da Feira.

Foi entre os séculos XVI e XVII cando Gondomar sufriu unha grave recesión económica por mor de pestes, da fame e da guerra galaico- portuguesa. Foi por entón cando os portugueses, ante a imposibilidade de entrar en Vigo, retiráronse de Gondomar, non sen antes saquear e prender lume a varias edificacions, entre elas o Pazo do Conde de Gondomar.

No século XIX desvincúlanse dos seus territorios (as actuais parroquias) os señoríos eclesiásticos e civís, e fórmase o Concello Constitucional de Gondomar.