XXXIII Festa da Bicicleta do Val Miñor
Gondomar, Nigrán e Baiona celebran un ano máis a Festa da Bicicleta do Val Miñor
Esta mañá no Concello de Gondomar presentouse a 32 edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor que se celebrará o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Esta edición estará organizada polo Concello de Gondomar, do que partirá a marcha ciclista o próximo 17 de maio ás 10:00 horas dende a Praza Paradela para logo facer escala no paseo da Ramallosa ás 10:30 e posteriormente dirixirse ao Paseo de Palma onde fará escala ás 11:00 horas, para rematar aproximadamente as 13:00 horas na Praza Paradela de Gondomar.
As inscricións para participar nesta marcha poderánse formalizar o mesmo día ata 40 minutos antes do comezo da actividade tanto na saída en Gondomar como nas paradas na Ramallosa ou en Baiona.