Compostaxe doméstica
INSCRIBIRSE
Descargar carta e formulario de inscrición
DÍPTICO
Descargar díptico informativo
Dende o concello de Gondomar estamos a traballar na mellora do servizo de xestión dos residuos orgánicos que se xeran nas vivendas do noso concello. Pois, en conxunto, os restos de comida e restos vexetais representan case a metade dos residuos que xeramos nos nosos fogares e, ademais, son o tipo de residuo que máis problemas medioambientais xera se non se trata axeitadamente.
Como mostra deste compromiso ambiental, o Concello de Gondomar leva traballando dende o ano 2017 nun programa de compostaxe local a través do cal xa se lograron implantar máis de 500 composteiros domésticos e 2 Centros de compostaxe comunitaria que dan servizo ao casco urbano do Concello. Así como a posta a disposición da cidadanía dun servizo de préstamo de biotrituradoras para a xestión de biomasa domiciliaria.
Sen embargo, queremos arrancar este ano 2024 reforzando o traballo xa feito ata o momento cunha campaña de divulgación para aumentar e mellorar a participación da cidadanía residente no municipio, tanto na separación en orixe da fracción orgánica municipal como na compostaxe deste material in situ.
Quen pode solicitar un composteiro doméstico? Poderano solicitar os veciñas e veciñas empadroados no Concello de Gondomar que residan nunha vivenda unifamiliar e dispoñan dunha parcela verde onde instalar o composteiro.
Con que finalidade se solicita este composteiro? Co obxectivo de xestionar os restos da comida xerados nos fogares e os restos do xardín e da horta, deste xeito, reducimos a cantidade de residuos que van ao colector da fracción resto e axudamos a cumprir coa normativa vixente en materia de residuos.
Se queres axudar a mellorar a xestión dos residuos do Concello de Gondomar podes solicitar o teu composteiro entregando o documento de solicitude adxunto a esta carta no rexistro do Concello de Gondomar
A inscrición é totalmente de balde e recibirás un composteiro doméstico, un manual de compostaxe e terás a túa disposición asesoramento técnico durante todo o proceso. Deberás entregar no rexistro do Concello a instancia de solicitude cuberta que podes descargar aquí mesmo.
Para máis información chama ao 678 874 979 ou enviando un correo electrónico a [email protected]