O Concello de Gondomar a través da Concellería de Xuventude quere proporcionar á mocidade do Concello un programa de ocio diverso, formativo e lúdico.
O prazo de inscrición é do 26 de maio ao 13 de xuño, as prazas son limitadas e as actividades totalmente gratuitas.
Campamento Surf, do 14 ao 18 de xullo
Se tes entre 12 e 14 anos, esta é a oportunidade perfecta para aprender a surfar e pasar un verán inesquecible!
Horario: De 10:00h a 13:00h
📍 Onde? Gondomar (as clases de surf realizaranse en praias e zonas cercanas)
Durante estes días, teremos clases de surf, actividades acuáticas e moito máis!
DOCUMENTACIÓN DE INTERESE:
ANEXO III Autorización recollida
Curso Iniciación Escalada, do 28 de xullo ao 1 de agosto
Se tes entre 14 e 17 anos e queres aprender os primeiros pasos na escalada, non podes perderte este curso!
Vén superar os teus límites e disfrutar dunha experiencia única no Monte Galiñeiro!
Horario: De 10:00h a 14:00h , no Monte Galiñeiro en Gondomar
Aprenderás as técnicas básicas de escalada, manexo de equipamentos e a importancia da seguridade nas alturas.
Unha actividade ideal para disfrutar do aire libre e desafiarte a ti mesmo!
DOCUMENTACIÓN DE INTERESE
ANEXO III Autorización recollida
Curso de Lingua de Signos do 4 ao 18 de agosto
Se che interesa aprender a comunicarte en lingua de signos, este curso é para ti!
Dá un paso máis para crear unha sociedade máis inclusiva e conectada.
Horario: De 10:00h a 13:00h , no Centro Neural de Gondomar
DOCUMENTACIÓN DE INTERESE:
ANEXO III Autorización recollida
Campamento dixital , do 11 ao 22 de agosto
Se tes entre 14 e 17 anos, non podes deixar pasar esta oportunidade única para aprender sobre as novas tecnoloxías, crear o teu propio proxecto e pasalo en grande!
Horario: De 10:00h a 13:00h, no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar
Durante estas dúas semanas, imos explorar o mundo dos dispositivos dixitais, programación, videoxogos e moito máis!
Non importa se nunca tocaches un código ou se xa eres un experto, vai ser divertido e educativo para todos!
DOCUMENTACIÓN DE INTERESE:
“Tardes Facheras” en Gondomar!
O 12 de setembro teremos un evento único para xóvenes entre 13 e 17 anos e aberto ao público en xeral. Se queres pasar unha tarde chea de actividades divertidas, non podes faltar!
Horario: De 18:00h a 21:00h
📍 Onde? Lugar por confirmar en Gondomar (información detallada ao confirmar inscrición)
Actividades que teremos:
- Show de freestyle
- Obradoiros de freestyle
- Sesión DJ para poñer a música máis top
- Xogos de canasta eléctrica
- Pista Suboccer
- Air Hockey
Máis información:
- Correo electrónico: [email protected]
- Teléfono: 986 369 746