O vindeiro 28 de marzo ás 12:15h celebraremos o acto de plantación de árbores co alumnado do CEIP Chano Piñeiro, unha actividade especial na que combinamos o amor pola natureza coa maxia da poesía. Esta xornada, prevista inicialmente para o 21 de marzo, foi adiada por mor do mal tempo.

Lugares de plantación: Parque Baixa Redonda, Parque das Ánimas e Praza Paradela

Programación:

Lectura de poemas a cargo do alumnado.

Plantación de árbores para celebrar o Día dos Bosques.

Pequena representación inspirada na natureza e na literatura.

Porque, como dicía Castelao: “Os bosques son o mellor templo onde se pode sentir a alma da terra.”

Unídevos a nós nesta fermosa iniciativa para encher Gondomar de vida e poesía!

Novas

SAN CRISTOVO

O vindeiro 10 de xullo, celébrase a tradicional caravana San Cristovo 2025 coa bendición de vehículos día te da casa Peralba. A saída será dende

Axenda

No event found!
Novas

SAN CRISTOVO

O vindeiro 10 de xullo, celébrase a tradicional caravana San Cristovo 2025 coa bendición de vehículos día te da casa Peralba. A saída será dende

Leer más »