Alcaldía

Francisco Ferreira

Teléfono

986 360 125

Email

alcaldia@
concellogondomar.com

Enderezo

Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra

Sauda do Alcalde

Queridos veciños e visitantes :

Como alcalde de Gondomar compráceme darvos a benvida á páxina web do Concello de Gondomar, unha canle de comunicación aberto e participativo para achegar a información municipal á cidadanía.

Poñemos en marcha este portal institucional para dar a coñecer todos os servizos e posibilidades que ofrece o noso magnífico municipio. Pretende ser unha xanela virtual, aberta ao mundo, para todos aqueles visitantes, veciños ou internautas que desexen coñecer mellor a nosa historia, paisaxes, costumes, gastronomía e tradicións, actividades culturais, deportivas e festivas.

Será, algo así como a nosa imaxe exterior porque a través desta canle de comunicación, mostrarémosvos noticias diarias e todo aquilo que nos permita poñer en valor o que somos: un municipio, moderno e dinámico no que vivimos persoas amables, acolledoras e solidarias, un punto de encontro ideal para quen nos visita en calquera época do ano.

Pero ademais, esta web pretende servir de instrumento útil para tod@s os vecin@s de Gondomar, de maneira que desde ela poidades realizar trámites municipais dunha forma máis áxil, consultar datos, noticias pero tamén trasladar as vosas queixas, suxestións e propostas para mellorar o municipio ou a xestión municipal. Quero ser o alcalde dun municipio aberto ao dialogo e á participación de todos, porque só así, desde a participación conxunta pode entenderse a política, como unha maneira de gobernar para todos, non unicamente para a maioría.

Traballaremos por un municipio respectuoso coa contorna. Somos conscientes do intanxible pero inestimable valor do medioambiente e do papel que xogan na sustentabilidade do noso municipio os ríos Miñor, Zamáns e Morgadáns. É o meu compromiso como alcalde e tamén, o compromiso de todo o Goberno que me honra en presidir, respectar e salvagardar eses recursos porque esa é a única vía para conseguir un municipio con maior e mellor calidade de vida para quen o habita e para os que nos visitan.

Convídovos a navegar pola nosa web para descubrir ou redescubrir Gondomar.

Francisco Ferreira

Alcalde de Gondomar