Que son  As Rondallas?

 Son agrupacións musicais tradicionais que se dan principalmente na zona  sur da provincia de Pontevedra, moi presentes no noso Concello, compostas principalmente de veciñ@s, que se reúnen na época de Nadal para percorrer rúas de vilas, cidades ou aldeas coas súas melodías.

 Nestas formacións predominan os intrumentos de percusión, que son na súa maioría os empregados na música popular e tradicional de Galicia, pero tamén contan con outros singulares e característicos  deste tipo de agrupacións , como son os cristos e as charrascas; que os rondalleiros tocan dun xeito peculiar que só se dá neste tipo de grupos.

 O repertorio das Rondallas é moi variado,  pezas de todo tipo e de tódolos estilos, pero sen perder  a esencia da música tradicional galega.

En Gondomar, o Certame de Rondallas de Reis , consiste nunha celebración musical o 6 de xaneiro, día de Reis con desfiles, pasacalles, micro-concertos de repertorios musicais específicos, protocolos de saúdos e cruces de bandeiras das Rondallas de Reis da provincia de Pontevedra que se convocan dende primeira hora da mañana nas principais rúas de Gondomar.

Foi no ano 1983 cando a través dunha moción ao Pleno de Goberno formalízase a primeira convocatoria de bases co que pasaría a ser dende entón o Certamen de Rondallas de Reis e grupos Folclóricos en Gondomar, nunha proposta xustificada de bases para que o concello asuma a organización do xa tradicional encontro.

Fotografías