Search

Ola veciñanza!!!

Preocúpache o #cambioclimatico?

Es dos que pensa que con pequenos xestos podemos mudar a conciencia dos cidadáns en favor dun planeta máis #sostible?

Gustaríache axudar á política medioambiental do teu Concello e que #Gondomar reduza a súa pegada de carbono cumprindo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da #ONU?

 

Pois xa estás tardando!!!

 

Só che roubaremos cinco minutos.

 

Cubre o seguinte FORMULARIO.

 

As respostas achegaranse ao equipo redactor do Informe de Seguimento do #PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible) de Gondomar, que incorporará o parecer da veciñanza ao documento que rexerá a nosa folla de ruta para reducir as emisións de CO2 e adaptarnos ao cambio climático nos vindeiros anos.

 

Participa e convirte a Gondomar nun actor máis contra o cambio climático!!