Información de interese
O Parque da Coelleira é un das áreas de recreo que atoparás no centro urbano de Gondomar. Conectado coa peonil Praza da Paradela que se converteu nun lugar de lecer e esparexemento, o parque está dividido en varias zonas segundo idades e dispón de tirolina e zona de merendero. Unha vez cruzado o río , na contorna de As Cercas poderedes gozar de zona con pistas de tenis, baloncesto e para os amantes do deporte urbano de pistas de Skate e BMX. Nas proximidades tamén atoparemos o parque de Ánimas con ampla zona de xogo para os máis pequenos.
Fermosos recunchos a beiras do río Miñor ou descobren un espazo refuxio de colonias de aves acuáticas na contorna coñecida como A Xunqueira, no estuario do Miñor é outra das propostas coas que entreter aos máis pequenos da casa… e aos maiores.
Non esquezas consultar a a variada programación cultural e de lecer apta para toda a familia.
A diversidade do seu territorio así como a singularidade da súa flora e a fauna converten a Gondomar nun atractivo destino para os amantes da natureza. En contornas como o do Monte Galiñeiro, na parroquia de Vincios, ofrécenos a oportunidade de gozar dun espazo tranquilo formado por prados e monte baixo arboledo de piñeiros, eucaliptos, castiñeiros e diversas especies autóctonas e onde numerosos cabalos salvaxes pastan polas súas ladeiras. Son numerosas as pistas que en bicicleta ou a pé achégannos ata o cume do monte ( punto máis elevado de toda a comarca) e permítennos contemplar unhas espectaculares vistas sobre o Val Miñor e a Ría de Vigo.
Para os máis aventureiros, son varios os percorridos ,nas diferentes parroquias de Gondomar, dispoñibles en WIKILOC que se poden seguir. Podes consultalas aquí: