Search

 

Mediante Real Decreto 616/2017 de 16 de xuño polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locales que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecimento Sostible 2014-2020 o Concello de Gondomar recibiu duas subvencións para a “Mellora da Eficiencia Enerxética” nos edificios do Centro de Desenvolvemento Local.

Estas duas subvencións foron concedidas a través do IDAE (Instituto para Diversificación y Ahorro de la Energia) dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Ambas actuacións consiten básicamente na mellora da eficiencia enerxética duns inmobles que teñen máis de 50 anos de antigüedade, e nelas substituense as cubertas, as fachadas e as ventás para obter un aforro enerxético moi considerable e así reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro.

 

Como xa indicamos foron duas as solicitudes de subvención concedidas a traves do IDAE. A primeira delas con numero de expediente FEDER-EELL-2020-004260 ten una inversión total de 998.985,52 euros sendo o importe total cofinanciado por FEDER de 799.188,41 euros.

A segunda con expediente nº FEDER-EELL-2020-004320 ten un importe total de inversión de 290.934,34 sendo o importe financiado polos fondos FEDER de 232.747,47 euros.