Search

Juan Rodríguez Bas

Concellería de cultura e novas tecnoloxías

Teléfono

678 874 936

Email

juan.bas@
concellodegondomar.gal

Enderezo

Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra

Sobre Juan Rodríguez

Fomentar e desenvolver a cultura local é un dos obxectivos principais desta concellería que entre as súas funcións contempla a xestión de promoción cultural. Obxectivo no que traballa elaborando programacións que foron converténdose día a día nun referente para outros municipios.

En Gondomar son un piar as diferentes agrupacións locais e centros cívicos e veciñais que existen en cada parroquia, onde a aposta pola cultura da zona é á súa vez un dos seus emblemas. Unha aposta na que non camiñan sós e, na medida das posibilidades, o goberno local apoia de diferentes formas (subvencionas, cesión de material, organización de eventos…)

Parroquias que avanzan e modernízanse e nas que as novas tecnoloxías están presentes. Traballa esta concellería en informar, difundir e formar á cidadanía no uso desas novas tecnoloxías coa organización de actividades con ese fin, ao mesmo tempo que se manteñen a cooperación cos axentes correspondentes por despregar as redes de comunicación en todo o concello.