As veces non sabemos identificar o que sentimos, e  ese descoñecemento  créanos inseguridade, frustración, ira, medo e lévanos  a protexernos e tentar  evitar as emocións.

É fundamental trasladar a mocidade que todas as emocións  son válidas e necesarias. O problema xurde na forma máis ou menos saudable de expresalas  e experimentalas. Por elo, a importancia de saber  identificalas e xestionalas para conseguir o Benestar emocional

Para por en valor as emocións dende a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, poremos en marcha o taller “O papel das emocións na sáude mental”.

A través de Escuela de Emociones durante o mes de outubro, traballaremos co alumnado de 2º de Bacharalato do IES Auga da Laxe,  o desenvolvemento de competencias emocionais proporcionándolles ferramentas prácticas para o seu día a día.

Por outra banda, o día 10 de outubro comezamos ca primeira charla do ciclo. Contaremos coa organización “Alar Galicia” que tratarán o tema “ Prevención de autolesións e suicidio”,  dirixida a mocidade, familias e poboación interesada na prevención da conduta suicida. Falarase da xestión emocional, de saúde mental, das novas tecnoloxías e como afectan ó neurodesenvolvemento, e o papel das mesmas como precipitador de trastornos ou dificultades. Agardámosvos ás 19h no Auditorio Lois Tobío, actividade de balde solicítase inscribirse no 986.369.746 ( OMIX Gondomar) por cuestións de aforo.

En outubro, Gondomar,  pon o foco na saúde mental da mocidade.  Agardámosvos!

Novas

SAMAÍN 2025

Como xa vén sendo habitual, o vindeiro 31 de outubro, Gondomar converterase nun lugar cheo de  diversión para celebrar o Samaín . Achegádevos e vivide

Excursión a Vitoria-Gasteiz

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Turismo, organiza unha excursión a Vitoria-Gasteiz que se desenvolverá do 7 ao 9 de novembro.

Axenda

No event found!
Cultura

SAMAÍN 2025

Como xa vén sendo habitual, o vindeiro 31 de outubro, Gondomar converterase nun lugar cheo de  diversión para celebrar o Samaín . Achegádevos e vivide

Leer más »
Cultura

Excursión a Vitoria-Gasteiz

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Turismo, organiza unha excursión a Vitoria-Gasteiz que se desenvolverá do 7 ao 9 de novembro.

Leer más »