O Concello de Gondomar celebrará esta semana unha intensa programación cultural con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano 2025 rende homenaxe ás pandereteiras galegas, recoñecendo o seu papel esencial como transmisoras da tradición oral, musical e lingüística do país.
A celebración principal terá lugar o sábado 17 de maio na Praza Paradela, a partir das 19:30 horas, cun acto que combinará música e identidade cultural. Actuarán a Banda de Música da Agrupación Musical de Vincios e o grupo de pandereteiras Froleada do Centro Cultural de Vincios. En caso de choiva, o evento trasladarase ao Auditorio Lois Tobío.
O domingo 18 de maio ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío, continúa a programación coa representación teatral da obra infantil “Canto Conto!”, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Trátase dun espectáculo familiar, cheo de creatividade e humor, que tamén contribúe á posta en valor da lingua e cultura galegas entre o público máis novo e a concienciación sobre o reciclaxe.
Entradas  na  TAQUILLA DO CONCELLO

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »