DESFILE ENTROIDO CENTROS EDUCATIVOS
Dentro da programación do Entroido 2026 de Gondomar, este venres 13 a partir das 11:00 horas celebrase o Desfile Escolar de Entroido.
Escolares dos Centros de Ensino de Gondomar desfilarán polas rúas do centro de Gondomar amosando os seus mellores disfraces e coreografías preparadas para a ocasión.
PERCORRIDO:
Pavillón Municipal Bernabé Costas (saida )
Avenida da Feira
Avenida Elduayen
Rúa Eduardo Iglesias
Rúa Manuel Losada
Rúa Parroco Mariño
Praza Paradela (Concello)
Durante a duración deste desfile produciránse cortes de tráfico puntuais e haberá un dispositivo especial formado por policía local, membros de Protección Civil e persoal municipal.