Entroido de verán en Gondomar

🗓 Domingo 18 de agosto
A partir das 11:00h na Praza Rosalía de Castro haberá un Obradioiro de “pintacaras” e ás 13:00h teremos un desfile infantil e un desfile de adultos con premios para os mellores disfraces.
Na xornada da tarde, a partir das 17:00 horas na Praza Paradela poderedes participar en obradoiros de “pintacaras”, “globoflexia” ou “maquillaxe” e haberá animación e música. Ás 18:30h faremos a entrega de premios dos desfiles.
Ás 19:00h a festa trasladarase ao Parque das Ánimas e dará comezo a “Festa Holi Life”, onde os pos de cores e a música serán protagonistas.
Preparade os vosos disfraces e vide a pasar un día de troula a Gondomar!

The event is finished.

Data

Ago 18 2024
Expired!

Hora

11:00