Search

Gloria Nacional

Data Sábado 25 Marzo 2023
Hora 21:00h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 3,50 €

MERCAR ENTRADAS

Público Adulto / Adolescente
Idioma Galego
Duración 90 min

Programación escénica en Rede Galega de Teatros e Auditorios en convenio con AGADIC

Sinopse

Uxío Rodas, escultor e pintor duns 60 anos, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica “gloria nacional”. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais e ten sobre as súas costas unha longa e importante carreira de creador honesto e impoñente, con exposicións e grandes ventas en todos os países do mundo.
Agora atopámolo no seu estudio construído nunha antiga granxa de vacas, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante. Efectivamente, o goberno do seu país, a través do seu presidente (antigo camarada de Uxío agora convertido en moderado) vén de encargarlle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital, remodelada para tal fin. Unha escultura que represente e simbolice á nación. Uxío púxose ao traballo, inicialmente con todo o pulo do mundo, pero chegou a un punto sen retorno. Non sabe como continuar. Efectivamente, Uxío enfróntase a unha profunda crise creativa acompañada, para abondar máis na parálise, nunha tamén profunda crisedos valores sociais: a política, o país, a nación, a patria… son conceptos nos que xa non cre. De xeito que se atopa no seuestudio, ante unha inmensa construción en pedra medio feita, medio desfeita, que non sabe o que é e que preside o centro do lugar e do seu desorde.
Visita o estudio de Uxío para saber algo do seu representado, Carme Facal. Carme é unha muller duns 65 anos, que rexenta a galería que representa a Uxío e, ademais, organiza unha feira de arte contemporánea de grande importancia. Coñece a Uxío desde hai moitos anos e en todas as súas facetas: cando comezou a ter éxito, cando aínda non era ninguén e agora que todas as galerías e museos do mundo queren telo nas súas coleccións.
Uxío debate con Carme sobre o ben e o mal, e Carme sempre pon sobre o debate a retranqueira sabedoría de ter andado medio mundo.
O goberno está preocupado polo retraso na entrega da obra, a praza xa está a punto, pero non se pode inaugurar porque falta a escultura central símbolo da nación. Achégase o día da patria, o máis axeitado para organizar a solemne inauguración, pero non parece que vaia ser posible.

Elenco

Miguel Pernas
Luma Gómez
Manuela Varela

Ficha artística

Autor: Eduardo Alonso
Dirección: Eduardo Alonso
Adaptación: Eduardo Alonso
Escenografía: Equipo Taetro
Deseño son: Brais Morán
Deseño iluminación: Eduardo Alonso
Vestiario: Equipo Taetro
Música: Bernardo Martínez

The event is finished.

Date

Mar 25 2023
Expired!

Time

21:00

Custe

3,50€

Mais información

Mercar entradas

Labels

Teatro

Lugar

Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar
Category

Organizador

Concello de Gondomar
Mercar entradas