Search

Gondomar a proba

Unha actividade de multideporte, na que, se deberán formar grupos de entre catro ou cinco persoas, con idades a partir dos oito anos e cunha capitá ou capitán de equipo. Xuntos deberán superar 10 retos distribuídos polo centro urbano do Concello nun tempo máximo dunha hora.
A maioría das actividades están pensadas para traballar en equipo, de maneira conxunta nos que a precisión, a axilidade, a rapidez a memorización, o equilibrio…………. e a ganas de pasalo moi ben terán que estar presentes.
Gondomar ano a ano, aposta por posicionarse como un referente na organización de actividades dirixidas a mocidade e familias nas que unimos: deporte + ocio + hábitos saudables+ traballo en equipo.
A inscrición abrese hoxe 17 de abril e levarase a cabo a través do correo electrónico da Oficina Municipal de Información Xuvenil (omix@concellodegondomar.gal). Necesitamos que nese correo nos pasedes o nome e apelido, data de nacemento e número de DNI dos integrantes; cal dos integrantes vai exercer de capitá ou capitán; un teléfono de contacto e un nome de grupo. Cada grupo como mínimo terá un integrante maior de idade e responsable do mesmo.
Ven a desfrutar de “Gondomar a PROBA” o día 13 de maio, ás 17h Gondomar estará chea de retos……

The event is finished.

Date

Mai 13 2023
Expired!

Lugar

Concello de Gondomar
Gondomar
Category

Organizador

Concello de Gondomar