Gondomar insta a “poñerse as gafas lilas” á hora de tomar decisións

Gondomar sumouse un ano máis á conmemoración do día Internacional da muller cunha concentración na praza das Escolas Vellas na que se procedeu á lectura dun manifesto e tamén se gardou un minuto de silencio en especial por todalas mulleres que se viron obrigadas a abandonar a súa vida, os seus traballos e familias pola guerra de Ucraína.

Decenas de persoas sumáronse á concentración na que o alcalde, Paco Ferreira, agradeceu a súa presenza e lembrou que as administracións “teñen a obriga de aplicar a perspectiva de xénero á hora de gobernar e tomar decisións, reiterando o compromiso do seu goberno coa defensa das mulleres e na consecución dunha igualdade real na sociedade. “

A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar, Irene Pereira, xunto á avogada do CIM local, Marta Pardo e a concelleira de Igualdade Nuria Lameiro foron as encargadas de ler o manifestó. Nel lembraron “a fraxilidade dos dereitos alcanzados” e a necesidade de seguir conmemorando e manifestándose no 8M porque “en pleno século XXI, si as mulleres vense aínda obrigadas a reclamar algo tan básico como ter os mesmos dereitos fronte aos homes. Os mesmos dereitos para unhas que para os outros”.

Suliñaron que “non é unha denuncia dunhas poucas ou dunhas tolas, como a moitas persoas gústalles dicir”, sustentando nas cifras e datos oficiais a realidade da brecha salarial que existe entre homes e mulleres, así como os efectos que sobre os seus dereitos tivo a pandemia nos dous últimos anos.

Desde Gondomar instouse a tódolos organismos e entidades públicas e privadas, sectores produtivos, e á sociedade en xeral, “a poñernos as lentes lilas e a aplicar os principios de igualdade entre homes e mulleres, garantindo o mesmo trato, as mesmas consideración e oportunidades, así como as mesmas obrigas e dereitos”.

The event is finished.

Data

Mar 08 2022
Expired!

Hora

Todo o día