Search

Gondomar prepara xa a celebración do Entroido

O certame perde a condición de concurso e as comparsas percibirán unha axuda económica por participar.
El concello de Gondomar celebrará o Entroido o vindeiro domingo 27 de febreiro, xornada na que ás 16.30 horas arrincará o desfile das comparsas que este non competirán entre elas para lograr o mellor posto. Os participantes percibirán unha axuda económica, que oscilará entre os 250 e 550 euros, dependendo das súas características. Tamén se contempla a participación das rondallas que percibirán unha subvención de 200 euros pola súa presenza no Entroido de Gondomar.
Gondomar 04.02.22 -Todo está listo para celebrar o Entroido este ano, tras case outros dous nos que non se puido manter nas súas datas tradicionais debido á pandemia. Regresará ás rúa do municipio o vindeiro domingo 27 de febreiro, con forma de desfile e abandonando a súa tradicional categoría de concurso.

Nesta ocasión todos os participantes que se inscriban percibirán unha axuda económica pola súa presenza, sempre suxeitas ás bases publicadas polo concello e que se poden consultar e descargar na sede electrónica ou a través da páxina web www.concellodegondomar.gal. O prazo de presentación inscricións finalizará o vindeiro 20 de febreiro e deberán entregarse no Rexistro Municipal ou a través de sede electrónica, achegando o anexo I das bases.

Requisitos e axudas

 

As comparsas participantes deberán ter un mínimo de 20 compoentes e o máximo delas que se poderán inscribir será de 10, cun mínimo de 6, permitindo as bases convidar ata 5 comparsas máis.
As axudas económicas previstas oscilarán entre os 250 e os 400 euros para as agrupación que desfilen senes carrozas, dependendo o importe final do número de integrantes que oscilará entre un mínimo de 10 compoñentes ata un máximo de 81. No caso de que vaian acompañadas por carroza, entendéndose por ela a plataforma decorada arrastrada por un vehículo de motor, os premios oscilarán entre os 400 e 550 euros. Cada carroza a maiores que se some á comparsa recibirá unha axuda de 100 euros.

 

Tamén no caso das rondallas estipúlase un número de máximo de participantes, fixado en 10 e un mínimo de 6, dando sempre preferencia ás representantes de Gondomar e ás da comarca do Val Miñor. Estas agrupacións deberán estar integradas por un mínimo de 20 persoas para poder desfilar e percibir a axuda de 200 euros por parte do concello de Gondomar.
Percorrido e datas

 

O desfile, como tradicionalmente celebrouse, terá lugar o domingo de entroido, 27 de febreiro, a partir das 16.30 horas. O percorrido previsto para parte dende Eduardo Iglesias, accedendo por Anxo Urzáiz dirección á Praza Paradela, que abandonarán pasando por diante do consistorio para saír pola Avenida do Conde.

 

No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan celebrar o domingo o desfile pospoñerase ata o martes 01 de marzo e se nese día tampouco fose posible trasladaríase ao sábado 05 de marzo, ultima data para celebrar o desfile que de non poder ser realizado nalgun dos días indicados cancelarase ata a próxima edición.
O enterro da sardiña para chorar e despedir o entroido está prevista o día 2 de marzo a partir das 19.30 sempre que as condicións sanitarias e climatolóxicas permítano.

The event is finished.

Hourly Schedule

20 Feb - Peche de presentación inscricións

Desde 8:30 - a 14:00
Peche de presentación inscricións

27 Feb - Entroido

Desde 16:30 - a 21:00
Entroido
Inicio do entroido de Gondomar

2 Mar - Enterro da sardiña

Desde 19:30 - a 00:00
Enterro da sardiña
Tags:

Date

Feb 27 2022 - Mar 02 2022
Expired!

Time

16:30 - 12:00

Lugar

Gondomar
Calle Eduardo Iglesias