Papagena é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.
Unha soprano (Esperanza Mara), un barítono (Jacobo Rubianes Castelo), e un músico en escena (o propio compositor da ópera, Iago Hermo) serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera, quizais, nunca chegou.
Ficha artística
SOPRANO | Esperanza Mara (Papagena)
BARÍTONO | Jacobo Rubianes Castelo (Papageno)
MÚSICA, LIBRETO E DIRECCIÓN MUSICAL | Iago Hermo
DIRECCIÓN ARTÍSTICA | Castiñeira & Carrodeguas
DESEÑO E CONFECCIÓN VESTIARIO | Diego Valeiras
ESCENOGRAFÍA E LUZ | Ana Arteaga
ASISTENCIA TÉCNICA | RTA
IMAXE, COMUNICACIÓN E PRENSA | The Office Comunicación
FOTOGRAFÍA E VÍDEO | Miramemira
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN | Esther F. Carrodeguas
Unha produción ButacaZero subvencionada polo AGADIC e apoiada, en residencia creativa, no Concello de Rianxo.