
VISITA INTERPRETATIVA CONTORNA DO CURRO DE SAN CIBRÁN
21 de xuño


Percorrido de 4Km , deseñado para dar a coñecer o patrimonio natural da zona e achegar ás persoas participantes ás tradicións vencelladas á cría en liberdade do cabalo galego. O percorrido será guiado, apto para todos os públicos, e contará con prazas limitadas, polo que se recomenda inscrición previa.
As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a inscrición previa ata o venres na Oficina de Turismo de Gondomar, chamando ao 678 874 985 ou escribindo ao correo [email protected]