XXXVI FESTA DA BICICLETA DO VAL MIÑOR
Os concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona celebran unha nova edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor, unha marcha cicloturista non competitiva e aberta a todos os públicos a partir dos 7 anos. A organización deste ano corre a cargo do Concello de Gondomar dentro do sistema rotatorio entre os tres municipios.
Sábado 16 de maio de 2026
Saída – 10:00 h – Praza da Paradela.
As inscricións e recollida de dorsais faránse o mesmo día da festa 45 minutos antes do comezo da actividade