Gondomar celebra a 10ª edición da súa tradicional Festa da Empanada do 16 ao 18 de maio
O sabor da tradición volverá encher as rúas de Gondomar coa 10ª edición da Festa da Empanada, que se celebrará do 16 ao 18 de maio, organizada pola asociación de empresarios OVALMI coa colaboración do Concello de Gondomar.
Durante tres días, veciñanza e visitantes poderán degustar unha ampla variedade de empanadas elaboradas polos establecementos locais, a un prezo popular de 4 euros . Esta festa gastronómica busca poñer en valor un dos pratos máis representativos da cociña galega e dinamizar o comercio e a hostalería da vila.
Como parte das actividades, celebrarase un sorteo de 4 vales de 50 euros  para consumir nos locais hostaleiros participantes:
• Restaurante Pazo da Escola (Mañufe)
• Restaurante Ardentía (Mañufe)
• Cafetería Alameda
• Café Bar Estanco
• Bambán Food and Brunch
• Xamonería Catro Camiños
• Bocatería A Bocados
• O Cuco
• Cafetería Tropicana
A festa enmárcase dentro do compromiso do Concello de Gondomar por promover a economía local e ofrecer á cidadanía un espazo de encontro arredor da gastronomía e a cultura e dentro da programación que a Asociación de Empresarios OVALMI ten con Gondomar.

Novas

⚠️ ATENCIÓN GONDOMAR!

Temos un cambio na carteleira de monólogos prevista para este venres 15 de agosto na Praza Paradela ás 22:30 horas. Por un pequeno problema de saúde, o noso querido

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

⚠️ ATENCIÓN GONDOMAR!

Temos un cambio na carteleira de monólogos prevista para este venres 15 de agosto na Praza Paradela ás 22:30 horas. Por un pequeno problema de saúde, o noso querido

Leer más »